O equipo gañador do IES Río Cabe de Monforte posa cos responsables da Fundación Alcoa e Junior Achievement, organizadores do Reto Alcoa. (Foto cedida: Junior Achievement).

EnComún Xove

O COLEXIO NOVO DE MONFORTE E O COLEXIO DE ESCAIRÓN SÚMANSE AO PROGRAMA «RADIO NA BIBLIO»

No curso escolar 2020-2021, o sur de Lugo contará con dous centros máis no programa da Xunta «Radio na Biblio», o Colexio Novo de Monforte e o CEIP Dr. López Suárez de Escairón.

AS BIBLIOTECAS COMO POLOS DE ALFABETIZACIÓN MÚLTIPLE DO ALUMNADO
A finais de outubro, dábanse a coñecer as novas incorporacións a este proxecto, que pretende mellorar a alfabetización múltiple do alumnado, convertendo as bibliotecas en espazos que funcionen como centros creativos de aprendizaxe, dentro das directrices do plan LÍA 2016/2020.

2.000 EUROS E ASESORAMENTO PARA FACER RADIO
Os centros que se incorporan a este programa recibirán 2.000 euros de fondos para a posta en marcha dun laboratorio de radio, incluíndo un obradoiro de formación. Os centros contarán tamén co apoio da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería, que orientará aos responsables do proxecto en cada centro para o seu axeitado desenvolvemento.
Os centros que xa participaron no programa «Radio na Biblio» en anos anteriores e renovan recibirán 500 euros para obradoiros de formación, lectura expresiva ou mellora da expresión oral.

109 CENTROS EN TODA GALICIA, 12 NA PROVINCIA DE LUGO
Este curso, incorpóranse catro centros na provincia, e 30 no conxunto de Galicia, ata sumar un total de 109 centros de todos os niveis educativos non universitarios, unha ducia deles ubicados na provincia de Lugo. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

A %d blogueros les gusta esto: