FotoNoticia – 25-N, día internacional contra a violencia de xénero
O sur de Lugo dixo NON á violencia de xénero con diversas iniciativas e concienciación
A Corporación local de Monforte, co alcalde, José Tomé, á fronte, acompañados por traballadores do Concello, gardaron un minuto de silencio o 25-N, Día contra a Violencia de XéneroO alumnado do CEIP A Pobra do Brollón recibiu do Concello cadanseu exemplar dun xogo didáctico dos Bolechas sobre igualdade.Na imaxe, o alcalde e o concelleiro de Cultura cun grupo de escolaresVeciños, comerciantes, persoal e Corporación Municipal, e a comunidade educativa da Escola de Hostalería de Rosende en Sober dixeron NON á violencia de xéneroO Espazo Xove de Chantada organizou un coloquio sobre igualdade con Xacia Ceive, presidenta de FemForte, e Antía Figueiras, da asociación chantadina Pola Miúda, o 25 de novembro.A Concellería de Cultura de Bóveda elaborou unha serie de pictogramas para concienciar sobre o problema da violencia de xénero. Os pictogramas integrarán unha guía para entregala ao alumnado do CEIP Rosalía de Castro. Na imaxe, o alcalde e membros da Corporación instalan os pictogramas na Casa do Concello