Xornadas de música tradicional en Chantada

Un momento da primeira xornada celebrada na Tradescola de Chantada.

A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, escolleu Chantada para presentar unhas xornadas de música tradicional e tamén para levalas a cabo, os pasados 30 de xaneiro e 3 de febreiro. Deste xeito, ao curso gratuito de canto tradicional e tamén aos dous concertos didácticos adicados a escolares celebrados na Casa da Música, asistiron numerosos alumnos. Pola súa parte, o curso estivo aberto a todo o público, e nel Xela Conde afondou nas técnicas de canto e pandeireta, e na técnica vocal ensinando aos alumnos distintas pezas do repertorio de música tradicional elexido para a ocasión.

Mentras tanto, no concerto didáctico de música tradicional contouse coa presenza de nenos de 5º e 6º de primaria dos colexios Eloísa Rivadulla e Xoán de Requeixo, no que fixeron un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega a través de imaxes, sons e explicando instrumentos como a zanfona, gaita, acordeón, requinta, tamboril, pandeireta e pandeiro, entre outros. Neste caso, o concerto estivo guiado polos profesores da Tradescola, Luis Correa, “O Caruncho”, e Xosé Lois Romero.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sen denuncias na Oficina do Consumidor de Chantada

Seguinte Nova

Os monfortinos xa poden disfrutar da pista de padel

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: