Sen denuncias na Oficina do Consumidor de Chantada

A oficina municipal de información ao consumidor de Chantada non ten constancia nin rexistro de ningunha queixa ou denuncia en relación ao período de rebaixas, nin tampouco ao cumplimento da nova lei Antitabaco. Trátase de dous temas de actualidade, as rebaixas pola entrada en vigor da nova lei do Comercio, pola que a Asociación de Empresarios de Chantada xa amosou o seu agrado; e a lei Antitabaco, pola recente entrada en vigor e consecuente prohibición de fumar nos establecementos hostaleiros. Deste xeito, tal e como informaron responsables da oficina, as rebaixas están a discorrer con toda normalidade e sen incidencias nos consumidores. Pola súa parte, os fumadores tamén semellan acatar a lei, xa que polo momento non se recolleu ningunha denuncia. Neste senso foron moitos os hostaleiros que optaron pola colocación dun cinseiro no exterior.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Moción do BNG de Chantada sobre as Caixas

Seguinte Nova

Xornadas de música tradicional en Chantada

Últimas noticias sobre SERVIZOS

A %d blogueros les gusta esto: