Moción do BNG de Chantada sobre as Caixas

Ildefonso Piñeiro, tenente alcalde de Chantada e voceiro municipal do BNG. EC

O BNG de Chantada presentou no último pleno unha moción con respecto ás caixas de aforros. Neste senso, o voceiro municipal nacionalista, Ildefonso Piñeiro, explicou a proposta ao pleno do Concello, na que se acordou reprobar a conducta de José Luis Rodríguez Zapatero, Mariano Rajoy, Miguel Ángel Fernández Ordóñez e Elena Salgado como responsables “dun intento de espolio ao noso país”, indicou.

Entre os motivos, “un sentimento de estafa polo anuncio de novas esixencias ás caixas de aforro”. I é que segundo explicou Piñeiro, “coa desculpa da crise e despois de forzar a fusión entre Caixanova e Caixa Galicia, Banco de España, Goberno do PSOE e Partido Popular, veñen agora con novas esixencias ostensiblemente arbitrarias cuxa única razón é obrigar a bancarización das caixas de aforro”. Neste senso tamén apuntou que “agora, os mesmos que sostiveron os directivos das caixas de aforros galegas, poñen en dúbida interesadamente a solvencia da nova caixa”. Para o voceiro do grupo municipal do BNG, “a arbitrariedade das esixencias de garantías, maior para as caixas que para os bancos, non permite interpretacións; trátase unicamente de entregar aos mercados a metade do sistema financeiro que ata o de agora estaba sometido a un certo control democrático, polo que as consecuencias serán deixar ao tecido produtivo galego nas mans dos que só buscan o diñeiro fácil”, engadiu.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

UGT-Lemos denuncia varios roubos en Cerámica O Castelo

Seguinte Nova

Sen denuncias na Oficina do Consumidor de Chantada

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: