José Manuel Arias, alcalde de Bóveda (PP):»Unha reelección nunca está asegurada, teñen que xulgar os veciños»

José Manuel Arias, alcalde de Bóveda. EC

José Manuel Arias leva exercendo como alcalde de Bóveda dende o ano 1999. Despois de varios mandatos asegura que afronta as vindeiras eleccións con moita ilusión, que unha reelección nunca está asegurada, e que o único que lle queda facer é seguir traballando.

Como afronta as vindeiras eleccións?

Levo como alcalde dende o ano 1999, e bueno, nesta ocasión unha vez máis o partido apoioume para concurrir a estes comicios. Afróntoo con moita ilusión, de non ser así eu non acudiría a este reto. E con ilusión porque creo que vamos no bo camiño, sen esquecer que estamos nun concello do interior de Galicia, e iso ten un custe adicional, pero con moita ilusión porque nos están empezando a saír as cousas de cara a aquel proxecto de futuro que nós consideramos imprescindible para sacar adiante a Bóveda.

Que levaba implícito ese proxecto?

Refírome a dúas ou tres cousas principalmente. Unha delas é o polígono industrial, porque entendemos que se algo xenera riqueza nun concello é o emprego, e máis na situación que estamos a vivir de desemprego. Pero aínda que estemos nunha época de crise, na que as iniciativas empresariais son poucas, aquí nos últimos catro ou cinco meses vimos como chegaron sete novas iniciativas ao polígono industrial de Bóveda. Iso quere dicir emprego, consumo dentro do propio concello, que algún destes empregados se vai a asentar en Bóveda, e postos de traballo para Bóveda que van conseguir que o municipio se siga consolidando e non siga baixando como ata fai pouco. Outro dos aspectos principais dese proxecto é unha obra importantísima que agora temos en marcha, pero que por distintos motivos se viu freada. Trátase da residencia, que xa ten lista a metade da obra, pero aínda hai que poñela en marcha. Un proxecto que o anterior bipartito da Xunta parou, pero que agora está moi avanzado, e que posiblemente en pouco tempo se chegue a firmar e consolidar con algo máis de 60 postos de traballo directo. E a maiores disto, tamén teño ilusión por crear máis solo industrial.

Cales son os principais retos de Bóveda como concello de interior?

Traballamos moito nestes últimos anos no que son os servizos, invertindo moito diñeiro no abastecemento de augas. Chegamos a todos aqueles sitios nos que tiñan dificultade coa auga, e nalgunhas parroquias onde non chegamos amañamos as súas traídas. Tamén hai que traballar nunha boa recollida do lixo, e uns bos servizos, así como unhas carreteras asfaltadas e con accesos, isto foi polo que estivemos e estamos a pelexar. A xente antes pedíache que amañaras un camiño, a día de hoxe a xente pide outros servizos como o alcantarillado no medio rural, pequenas zonas verdes, e sobre todo axuda a domicilio, que é unha das partidas máis grandes do presuposto municipal.

Está a reelección asegurada?

Non, para nada. Eu creo que a reelección nunca está asegurada, a mellor enquisa que hai é a das urnas. A nós só nos queda traballar, e que os veciños valoren. Son eles os que teñen que sopesar e nós traballar.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Lugo Emprega leva a 185 parados a optar a un traballo temporal en Sarria

Seguinte Nova

Pequenos recurtes na xestión municipal de Bóveda

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: