Os clubes de Monforte reciben as súas subvencións

A concellería de deportes de Monforte informou de que o Concello xa efectuou no mes de febreiro o pagamento do primeiro prazo das subvencións a entidades deportivas a aqueles clubes aos que se lles requerira documentación complementaria. Os clubes beneficiarios foron os seguintes: A.D. Río Cabe de golf, Club Natación Monforte, Club Tiro Olímpico Cabe, Club Arenas, Club Pesca Monforte, Club Taekwondo Neka Monforte, Club Tiro con Arco Arco Lemos, A.D. Ponte Vella de ciclismo, Club Quixós, Sociedade Val de Lemos de caza e pesca, Club Ciclista Monforte, A.D. A Gándara, e Clube Baloncesto Monforte. Dende o Concello tamén quixeron lembrar que no mes de decembro xa se ingresou a cantidade correspondente ao primeiro prazo da subvención aos seguintes clubes: A.D. A Pinguela, C.P. Calasancio, C.T.M. Ceibe, e Club Colombófilo Aires de Lemos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Centos de persoas presentaron as roscas para a bendición de San Blas

Seguinte Nova

José Tomé, candidato do Psoe en Monforte: «Non imos apoiar a ningún goberno no que non participemos»

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: