O CB Chantada Galicia Vento está a manter unha traxectoria regular e “moi boa” durante esta tempada tal e como indicou o seu presidente, José Antonio García. “Realmente vai todo moi ben e o balance non pode ser máis que positivo. Temos seis xogadores Sub20, catro deles de Chantada e dous de Ourense, e pese aos problemas iniciais de non poder adestrar no pavillón debido ás obras, e tamén a algunhas lesións, a día de hoxe mantémonos nos postos medios da táboa, empatados con varios equipos e a dúas vitorias do terceiro clasificado”. Do CB Chantada hai que ter en conta que para algúns dos xogadores trátase do primeiro ano que compiten na EBA; ainda así, García sinalou que a liga está a ser bastante igualada e o obxectivo pasa por salvar a categoría. Finalmente, o presidente do clube quixo agradecer o apoio de afeccionados e as axudas recibidas.
Últimas noticias sobre DEPORTES
A Sociedade Deportiva Río Cabe foi escollida pola Real Federación Española de Golf como sede do
Despois da vitoria lograda a domicilio a pasada xornada ante o Pontevedra B, a SD Sarriana
O domingo ás 18 horas, A Pinguela acollerá un partido clave para o futuro dos lemistas,
O pasado mes de marzo deu comezo oficialmente a nova tempada de pesca en augas continentais