No Concello de A Pobra do Brollón atópanse a executar este mes as obras de reforma do mirador de Vilachá. Segundo explicou o alcalde, José Luis Maceda, tratase dunha rehabilitación do mirador da Capela que conta cun investimento de preto de 30.000 euros, grazas a un convenio de colaboración coa Deputación Provincial de Lugo. A través deste convenio vaise a mellorar o propio mirador e tamén o seu acceso. Pola súa parte, agárdase que as obras estén rematadas a final deste mes de xaneiro. Por outro lado, en A Pobra do Brollón tamén están previstas outras actuacións relacionadas dalgún xeito co turismo, como por exemplo a renovación da sinalización vertical dos núcleos de poboación. I é que nalgúns lugares as señais están bastante deterioradas. Dita obra será financiada cunha partida de algo máis de 17.000 euros procedente neste caso da débeda do canon hidroeléctrico.
Últimas noticias sobre TURISMO
O Alcalde José Tomé Roca, anuncia que “xa poderemos solicitar a declaración de Feira de Interese
Unha variedade de 14 roteiros abrirá as portas nesta nova tempada para que os viaxeiros descubran
O pasado sábado 9 de marzo de 2024 tivo lugar unha xornada moi interesante na Casa
O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra non deixou pasar a oportunidade de facer gala do seu
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, está