Ribas de Sil contará cunha residencia da terceira idade

Entorno onde se siturará a futura residencia da terceira idade. CRS

O servizo está promovido pola Deputación e contará con 40 prazas

O concello de Ribas de Sil contará finalmente cunha residencia da terceira idade que será construída na praia fluvial do Sil, grazas a que o consistorio cedeu á Deputación un terreo de titularidade municipal. Ante esta nova, o alcalde de Ribas de Sil, Miguel Sotuela, amosouse satisfeito e indicou que o Concello participa cos terreos e cunha aportación económica de preto de 200.000 euros. “Os terreos nós metémolos nunha parcela bastante grande, da cal se van ocupar aproximadamente 2.500 ou 3.000 metros cadrados, pero aumentamos unha parcela grande porque entendemos que se nun futuro esto da bo resultado poderíanse incluso ampliar as instalacións. Ademáis, o entorno da residencia vai ser privilexiado grazas a que está preto do río”. Deste xeito, nun principio o resto dos terreos quedarán reservados para a creación de espazos verdes e, tal e como sinalou o alcalde, para posibles ampliacións do servizo. Nun principio o xeriátrico terá capacidade para 25 prazas de residentes, e 15 máis de centro de día. A maiores disto xeneraranse en torno a sete ou oito postos de traballo e a inversión inicial será de 1.400.000 euros aproximadamente. “Decir tamén que estamos moi contentos de que nos tocara esta inversión, de que xa eran horas de que se cumplira co concello de Ribas de Sil, e que estamos encantados de que neste caso sexa a Deputación provincial a que faga esta inversión”, destacou Sotuela. É preciso mencionar tamén que a categoría da residencia vai ser privada, xa que está promovida por Suplusa, un dos organismos da Deputación de Lugo que conta con capital público pero é privado. Deste xeito, a xerencia estará a cargo dunha empresa privada. En canto a prazos de execución non hai data concreta para a súa finalización, sen embargo o alcalde de Ribas de Sil quixo explicar que na actualidade están cos prazos nos que os Concellos se van a adherir a esta prestación. “O que me consta é que Suplusa é unha entidade bastante eficaz e bastante rápida nas súas xestións, e ademais no caso de Ribas de Sil xa dispoñemos de terreos, polo que os contactos están bastante avanzados”, concluiu o alcalde.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Casa da Cultura de San Clodio, rematada en breve

Seguinte Nova

Mantemento das vías municipais: Novo tractor para Ribas de Sil con cargo ao canon

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: