A Xunta mantén a súa política de aforro enerxético co Plan Renove de Equipos de Climatización

Eliseo Diéguez, director do Inega, na presentación do Plan Renove de Equipos de Climatización.

O pasado 28 de decembro, a consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega),presentou en Santiago a nova edición do Plan Renove de Equipos de Climatización, correspondente ó ano 2011. O director do Inega, Eliseo Diéguez, explicou que con esta nova liña de axudas a Xunta de Galica segue a manter a súa aposta estratéxica pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética, e que nesta ocasión concretarase nunha liña orzamentaria dun total de 1 millón de euros. Asimesmo, o responsable do Inega manifestou que o seu departamento prevé que este Plan Renove xenere un investimento asociado de 3,5 millóns de euros, e que ten como obxectivo chegar a máis de 1.000 vivendas e edificios, así como a máis de 200 establecementos adheridos.

EQUIPOS SUBVENCIONABLES  POLO PLAN RENOVE

Segundo expuxo Eliseo Diéguez, director do Inega, esta segunda edición do Plan Renove de Equipos de Climatización trata de incentivar a sustitución de caldeiras, equipos de climatización e bombas de calor convencionais de baixa eficiencia enerxética pola compra doutros equipos de alta eficiencia con potencial nominal térmica maior ou igual que 5 kw e menor ou igual a 70 kw que cumpran os requisitos técnicos  establecidos nas bases reguladoras que, ao  igual que as marcas e modelos subvencionables, poden consultarse na páxina web do Inega, www. inega.es.

 O Plan Renove establece ademais que os aparatos antigos substituidos deberanse entregar aos xestores autorizados para o seu correcto tratamento como residuo voluminoso conforme á normativa vixente.

PRAZOS E CONTÍAS

Este Plan Renove estará en vigor ata o 30 de xuño de 2011, ou ata esgotar os fondos correspondentes, e as axudas poderán solicitarse a partir do próximo 3 de febreiro. A contía da subvención non poderá supoñer máis do 25% do custo da instalación (equipos, instalación e IVE, no caso de que sexan subvencionables), con máximos establecidos en función da potencia nominal, de acordo co detalle establecido nas bases reguladoras. No caso de equipos de frío ou bombas de calor, enténdese como custo de instalación tanto a unidade exterior como as unidades interiores. Como exemplo, e aínda que se debe ter en conta o dato da potencia nominal, as axudas para caldeiras de condensación poden chegar a alcanzar os 1.320 euros e os 3.840 no caso de substitución de equipos de aire acondicionado e  ombas de calor. 

BENEFICIARIOS E PROCESO DE XESTIÓN

Poderán acceder a esta nova liña de axudas as persoas físicas ou xurídicas de dereito público ou privado, propietarias de vivendas ou edificios do sector terciario sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas ou edificios do sector terciario da súa titularidade sitos na comunidade autónoma de Galicia. Deberán tramitar a  solicitude a través das entidades colaboradoras adheridas a este Plan. Para facer efectiva a solicitude, o comprador deberá dirixirse a un instalador adherido a este Plan, adquirir o equipo, e será o instalador quen realice a solicitude de fondos mediante a aplicación web correspondente, imprima a documentación e a someta á firma do comprador. A continuación, o instalador terá un prazo de 90 días naturais para realizar a instalación, cobrar o importe da factura e   o desconto da axuda e, por último,  remitir toda a documentación ao Inega para o cobro da subvención.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte reabriu a Biblioteca

Seguinte Nova

O legado do Xacobeo 2010 en Sarria

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: