Chantada cabeceira de comarca trala aprobación das Directrices de Ordenación

A Xunta de Galicia ven de aprobar as Directrices de Ordenación do Territorio; unha decisión que deixa ao concello de Chantada como cabeceira de comarca.

Para José Manuel Lage, presidente da Plataforma polo Desenvolvemento Socieconómico de Chantada, tratase dunha boa nova, xa que isto vai a supoñer máis oportunidades. “Non é que nada veña feito porque a Xunta aprobe as directrices, pero celebramos esta decisión porque polo menos non se nos cerran as oportunidades de medrar. Doutra maneira cerrábanse bastantes portas, mentres que agora imos ter máis vías de desenvolvemento, grazas a que Chantada será cabeceira do sistema urbano intermedio”, indicou.

Para o alcalde sen embargo, Manel Anxo Taboada, “non vai a cambiar nada porque Chantada sempre foi cabeceira de comarca e tamén do partido xudicial”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Chantada pechará a oficina de rehabilitación a finais de ano

Seguinte Nova

Remodelación das piscinas municipais case rematada

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: