Aforro dentro da administración

A Deputación aforrou 430.000 euros en gastos de funcionamento en 2012

Traballadores desempeñando as súas labouras nas dependencias administrativas da Deputación en Lugo. Arquivo GDP

O goberno provincial anunciou a finais da pasada semana unha nova medida de aforro de custes para 2012. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, adiantou que se trata da redución nun 48% dos gastos en telefonía nas dependencias provinciais, logrando un aforro anual de 236.000 euros. Martínez subliñou que “este aforro é froito dos fondos da Unión Europea que soubemos captar xa que nos permitiron a implantación de mecanismos informáticos co fin de rexistrar as necesidades do servizo telefónico en cada un dos departamentos provinciais”. Dende o organismo provincial explicaron que en base aos “completos e rigorosos” resultados obtidos de ditas aplicacións, a institución luguesa puido establecer cotas máximas de consumo telefónico de ata 25 euros, así como recortar as liñas telefónicas móbiles en 65 e os ADSL en 20. Con esta actuación, o organismo provincial acumula xa un aforro de máis de 430.000 euros anuais grazas ás primeiras medidas de reducción de custes para 2012, postas en marcha nos dous meses deste ano.

REDUCCIÓN DA FACTURA ELÉCTRICA, MATERIAL DE OFICINA E REPROGRAFÍA

Entre estoutras medidas xa implantadas está a reforma do contrato do subministro eléctrico nas dependencias provinciais, reducindo a factura eléctrica nun 25% e aforrando 130.000 euros ó ano; por outro lado, a Deputación recortou nun 27% os custes de adquisición de material de oficina, aforrando 24.800 euros anuais; suprimiuse na súa totalidade o papel timbrado -informes dos servizos, cartas, etc- encargado a imprenta, substituíndoo por unha plantilla feita por persoal provincial, aforrando outros 20.000 euros; e alugáronse impresoras e equipos multifunción que inclúen fotocopiadora e fax, evitando os 24.750 euros que suporían a compra e o mantemento deste material. Este é o custe que conlevaría a compra deste material, valorado en 22.000 euros, así como do seu mantemento ó ano, incluído no contrato, coa adquisición dos consumibles, é dicir, tóners ou tambores. En canto á adquisición do material de oficina para todas as dependencias provinciais, a medida de aforro é froito da implantación das novas tecnoloxías na institución, que permitiu, entre outras cousas, evitar a compra de papel, e puxo como exemplo o Boletín Oficial da Provincia que xa non distribúe en formato papel, senón en dixital, facilitando a súa consulta de xeito universal dende Internet.

AFORRAR NOS RECURSOS ENERXÉTICOS

As restantes medidas de aforro dos primeiros meses de 2012 versan sobre os recursos enerxéticos. Deste xeito, a institución xa traballa con outros contratos para o subministro eléctrico en todas as instalacións provinciais logo da súa reforma, aforrando 130.000 euros ó ano e reducindo a factura eléctrica nun 25% con respecto ó ano pasado. Martínez adiantou que, seguindo as conclusións das auditorías da Axencia Provincial de Enerxía, a Deputación incrementará o aforre de custes este ano. Como mostra disto, a institución contempla agora a substitución das lámpadas convencionais e a melloras no sistema de calefacción.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O programa Km0 axuda a manter 130 empregos a través da colaboración con 32 establecementos

Seguinte Nova

Novas prantas nos xardíns urbáns de Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: