Arrincan os mercados monográficos de Monforte

Primeira edición dos Mercados de Monforte. EC

A última fin de semana de novembro comezaron os Mercados de Monforte, unha nova iniciativa municipal para dinamizar o comercio da cidade, organizada polo Concello de Monforte en colaboración co CCU, que terá continuidade durante o mes de decembro, mediante a que se pretende dinamizar o comercio local cunha serie de mercados específicos que se desenvolven na Praza de España. En total son catro mercados de diferente temática: os complementos, estreado a pasada semana de novembro, a decoración de Nadal, do 3 ó 8 de decembro, os produtos agroecolóxicos, do 10 ó 12 de decembro, e o regalo de Nadal, do 16 ó 24 de decembro. Cada mercado consta de 9 stands cun modelo de casetas de madeira acordes co casco histórico. Sobre a primeira fin de semana de actividade, Germán  Vázquez, presidente do Centro Comercial Urbano, salientou que a afluencia de público “foi bastante inferior á prevista, xa que a difusión da actividade foi baixa e precipitada, e tamén polo mal tempo”. A pesar de todo, a directiva do colectivo comercial sinalou a súa satisfacción pola resposta favorable dos asociados ó CCU na primeira edición, e a continuidade da iniciativa que consideran positiva “para a difusión turístico-comercial de Monforte como referente a nivel autonómico”. Os comerciantes asociados esperan que os Mercados sexan incluidos no novo proxecto municipal da Praza de Abastos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Ribeira Sacra, promocionada dentro e fóra

Seguinte Nova

O comercio local prevé repuntar no consumo

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: