Monforte acolleu un obradoiro gratuito sobre enoturismo

O pasado 24 de novembro, Monforte acolleu un obradoiro de enoturismo, promovido pola consellería de Cultura e Turismo a través da Secretaría Xeral para o Turismo e en colaboración con AGADER, dentro dun programa que abarca as cinco denominacións de orixe galegas. O obradoiro correspondente á Ribeira Sacra tivo lugar no Centro Comarcal Expolemos, e contou coa presencia da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o presidente da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez.

Obxectivos desta iniciativa

Os obradoiros de innovación no turismo vinculado ó viño están basicamente orientados, segundo a Secretaría Xeral de Turismo,  a axudar aos profesionais do sector a introducir a cultura da innovación nas pemes, así como o uso de ferramentas que faciliten a xestión e a promoción destas. O obxectivo final é o de definir estratexias innovadoras para as  adegas e os produtos enolóxicos, fomentando así a fidelización e a prescrición dos clientes.

Vinculación coas Rutas do Viño

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o presidente da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez.

Os talleres xorden da iniciativa da Secretaría Xeral para o Turismo co obxectivo de dar continuidade ao proxecto ‘Rutas dos Viños’, do que é socia, así como de accións dirixidas ao sector como o Plan de Enoturismo, que os responsables deste departamento autonómico anunciaron para os próximos meses.

Na súa intervención, a delegada territorial da Xunta en Lugo destacou que o enoturismo “garante a dinamización dun territorio”, á vez que “contribúe á conservación do patrimonio natural e paisaxístico”. Así, Arias fixo referencia a diferentes estudos que sinalan que “un enoturista gasta un 33% mais que outro tipo de turista calquera”. Pero ademais, explicou, “se as sensacións e as experiencias que disfrutou na viaxe foron positivas, repercutirá na proxección da denominación de orixe, porque posiblemente despois busque ese viño no mercado”.

Arias recordou tamén as iniciativas institucionais ViveGalicia e o primeiro Plan de Enogastronomía de Galicia, que xa inclúe estes obradoiros.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Debate sobre a realidade e o futuro dos montes veciñais

Seguinte Nova

Novos pasos para a instalación de Pacadar en Monforte

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: