O Concello de Monforte estrea unha web máis interactiva enfocada ao futuro

O novo sitio web, www.monfortedelemos.es,parte da premisa, segundo comentou o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, “de crear unha canle de comunicación, tanto institucional como administrativa, cara á cidadanía”. O rexedor local, xunto coa concelleira María Xosé Vega, referíronse á mellora que supón a nova web oficial de Monforte, tanto nos seus contidos como nas posibilidades que ofrece á cidadanía á hora de consultar información municipal, ou realizar xestións co Concello. Por unha banda, a web incorpora a posibilidade de que os usuarios compartan a información a través das redes sociais ao tempo que a entidade municipal conta con presenza propia nesas redes a través de Facebook e Twitter.

Outro aspecto destacable é o apartado referido ó turismo, onde se recollen todos os aspectos necesarios para o viaxeiro, propoñéndolle rutas para coñecer a cidade e a Ribeira Sacra, ou facilitándolle toda a información necesaria para a súa viaxe. Rodríguez destacou ademáis que a nova web “é o noso primeiro paso cara a administración electrónica, ocupándose dalgúns dos elementos aos que estamos obrigados por lei como o Perfil do Contratante, pero tamén doutros servizos que nos permitirán ser transparentes e informar correctamente á cidadanía e ás empresas, como a normativa municipal, impresos ou procesos selectivos”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Usuarios de vehículos todoterreo defenden o seu traballo en favor da natureza en Brollón

Seguinte Nova

Volve a maxia do Nadal a Monforte coas citas culturais

Últimas noticias sobre NOVAS TECNOLOXÍAS

A %d blogueros les gusta esto: