Sarria pon en marcha talleres culturais para nenos e adultos

O Concello de Sarria organiza a partir deste mes e ata o mes de febreiro, unha serie de obradoiros culturais para nenos e adultos. O obxetivo dos talleres e proporcionar unha actividade lúdica a tódolos públicos da vila sarriana.

Elaboración de agasallos de Nadal

Para os máis pequenos van dirixidos diversos talleres de iniciación en varias disciplinas. Con motivo da chegada do Nadal, o 23 de decembro e o 4 de xaneiro, na Casa da Cultura terá lugar un taller gratuito de elaboración de agasallos de nadal con material de refugallos.

Asimesmo, de xeito máis regular, ofértanse dous cursos de informática básica para nenos, os martes de 17:20 a 19:00 h, no telecentro da Casa da Cultura, e os venres de 17:20 a 19:00 h, no Colexio Frei Luis de Granada. Por cada curso abonarase unha cota de 37,77 euros. Na oferta cultural municipal tamén hai espazo para o teatro, os martes e xoves de 20:00 a 21:00 h. Este curso está dirixido a nenos de 5 a 14 anos, e terá lugar na Casa da Cultura, co abono dunha cota de 37,77 euros.

Tamén está previsto para estas datas e ata febreiro, un taller de fotografía creativa, que terá lugar un día a semana en horario de 19:30 a 21:30 h, na Casa da Cultura, cunha cota de 37,77 euros.

Cestería e calceta para adultos

Para adultos, está previsto un curso intensivo de cestería do 13 ó 17 decembro, os xoves e venres, de 20:00 a 22:00 h, na Casa da Cultura, cunha cota de 37,77 euros. Tamén un curso de bordado en varios turnos, o primeiro de luns a venres de 19:00 a 21:00 h, un segundo turno os martes de 21:00 a 23:00 h, un terceiro turno o mércores de 17:00 a 19:00 h, e un cuarto turno os xoves de 17:00 a 19:00 h, en la Casa da Cultura. O importe é de 59,01 euros. Tamén ofertase un curso de calceta e ganchillo, os luns de 16:30 a 18:30 h, tamén naCasa da Cultura e co mesmo custo, que durará ata maio.

Informática varios niveis

Dentro da oferta formativa inclúense diversos cursos de informática, un deles de nivel  básico, preferentemente para pais con nenos en idade escolar e colectivos de inmigrantes, os mércores de 20:00 a 21:30 h ata finalizar o mes de decembro, en el telecentro de la Casa da Cultura. Tamén se oferta outro de internet e correo electrónico, os luns de 11:00 a 12:30 h, os mércores de 11:00 a 12:30 hno mes de maio, cunha cota de 37,77 € . O curso é gratuito para xubilados. O nivel de perfeccionamento impartirase os mércores de 11:00 a 12:30 ata decembro, a primeira quenda, de xaneiro a febreiro, a segunda, e a terceira de marzo a abril

O teatro tamén se oferta para dultos, os martes e xoves, de 20:00 a 22:00 h, na Casa da Cultura, cun prezo de 59,01 euros. Un obradoiro de Inglés tamén inclúe os idiomas na empresa formativa, os xoves de 17:30 a19:00 h, na Casa da Cultura. O taller de fotografía creativa, ten unha duración dun mes intensivo os sábados de 10:30 a 13:30 h, na Casa da Cultura. O taller de pintura ó óleo en nivel de perfeccionamento impartirase os luns en horario de 20:30 a 22:00 h, e iniciación, os mércores de 20:30 a 22:00 h, na Casa da Cultura, ata o mes de maio

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Descontos no balneario para os veciños de O Saviñao

Seguinte Nova

Lois Pereiro: homenaxe dos centros escolares a través do concurso-exposición das Letras Galegas

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: