73 parados menos no sur de Lugo no mes de xuño

O maior número de contratacións tivo lugar no sector servizos

Redacción- Monforte

Mario Docasar, do sindicato UXT, valorou positivamente, pero de xeito moderado, a diminución do paro na zona sur de Lugo en 73 persoas (37 mulleres e 36 homes), con respecto ao mes de maio. Dende a secretaría xeral do sindicato cren necesario así mesmo, reducir as cifras actuais de 3.510 parados no mes de xuño. É de destacar, que en canto a sectores, o que rexistrou a baixada de paro máis significativa foi o sector servizos. “Ainda con todo, preocúpanos o aumento entre os mozos menores de 25 anos, xa que hai nove parados máis que fai un mes”, sinalaron. Por outra parte, son significativas as baixadas nos concellos de Monforte, con 25 parados menos; Quiroga e Sober, con 21 parados menos cada municipio; e O Saviñao, con 16 parados menos.

Pola contra, entre os concellos nos que aumentou a cifra de desempregados atópase o de A Pobra do Brollón, o caso máis destacado con 15 parados máis. E de igual xeito, os concellos que na actualidade contan cun maior número de desempregados son en primeiro lugar Monforte con 1.552 parados, Chantada con 544 e Quiroga con 266. “Dende a organización só nos queda invitar aos alcaldes de cabeceira de comarca a solucionar esta situación creando concellerías específicas para atraer e captar a novos emprendedores, xa que son os municipios que contan coas cifras máis altas de desemprego”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Barricas de carballo

Seguinte Nova

Fomento do turismo na Ribeira Sacra: Rutas do románico e reservas a través dunha páxina web

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: