Despois dun mes pechada para as actividades non federadas, a piscina municipal de Monforte recupera o seu ritmo. Para este segundo trimestre do ano, o Concello organiza cursos de natación, que comezarán o 5 de abril cun protocolo específico para evitar contaxios por covid-19. Os grupos serán dun máximo de catro persoas, en sesión de 45 minutos e mantendo a distancia de seguridade. Todo o material será desinfectado, e non se poderá compartir. O alumnado levará posta a máscara todo o tempo que permaneza fóra da auga.
Ademais, o Concello anunciou que non pasará ao cobro os recibos correspondentes ao mes que a piscina estivo pechada. •
Últimas noticias sobre DEPORTES
A Sociedade Deportiva Río Cabe foi escollida pola Real Federación Española de Golf como sede do
Despois da vitoria lograda a domicilio a pasada xornada ante o Pontevedra B, a SD Sarriana
O domingo ás 18 horas, A Pinguela acollerá un partido clave para o futuro dos lemistas,
O pasado mes de marzo deu comezo oficialmente a nova tempada de pesca en augas continentais