Monforte conta cunha nova instalación deportiva no centro da cidade, pensada para a práctica de modalidades urbanas. A nova pista de skate está ubicada no Parque da Compañía, na parte media do extremo sur, e ocupa unha superficie de case 253 metros cadrados. O equipo de Goberno procedeu á súa inauguración o pasado 20 de marzo, data na que se deron a coñecer os detalles desta nova instalación deportiva.
A pista de skate está dotada cunha combinación de rampas e tobogáns, tubos e raíles de tipo grindrails, o que fará posible que os afeccionados realicen gran variedade de movementos.
Nas obras, o Concello investiu arredor de 64.700 euros.•
Últimas noticias sobre DEPORTES
A Sociedade Deportiva Río Cabe foi escollida pola Real Federación Española de Golf como sede do
Despois da vitoria lograda a domicilio a pasada xornada ante o Pontevedra B, a SD Sarriana
O domingo ás 18 horas, A Pinguela acollerá un partido clave para o futuro dos lemistas,
O pasado mes de marzo deu comezo oficialmente a nova tempada de pesca en augas continentais