Apoio da Deputación á nova Fundación Agroalimentaria Galega para impulsar o sector primario da provincia

Reunión do presidente da Deputación, José Tomé, e a deputada de Promoción Económica, Pilar García, co secretario xeral da CEL, Jaime López, e o presidente da Fundación Agroalimentaria Galega, Carlos Cebrián, celebrada na sede do organismo provincial o pasado 2 de marzo. GPDL

A colaboración entre empresas e administracións para dar pulo aos sectores produtivos na provincia segue adiante con novos acordos. A recén creada Fundación Agroalimentaria Galega, impulsada baixo o amparo da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), contará co apoio da Deputación provincial para reactivar o sector primario lucense.

A FUNDACIÓN INCORPORA A ESCOLA DE CARNICEIROS DE GALICIA
Este foi o resultado da reunión mantida o pasado 2 de marzo entre o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o presidente da Fundación Agroalimentaria Galega, Carlos Cebrián, á que tamén asistiu o secretario xeral da CEL, Jaime López. Na xuntanza, Tomé expresou o seu apoio e o da institución provincial a esta nova fundación, que incorpora tamén a Escola de Carniceiros de Galicia, que ten a súa sede en Castro de Rei. Este centro arranca co obxectivo de formar persoal especializado e mellorar a inserción laboral do alumnado.
O mandatario provincial sinalou que os obxectivos da Fundación “están en sintonía” con algunhas das liñas de actuación “prioritarias” da Deputación, como son “o apoio aos sectores produtivos”, en especial o sector primario “como motor da economía da provincia”.
A Fundación Agroalimentaria Galega abrangue organizacións empresariais, empresarios individuais, e outras entidades mercantís ou asociativas da comunidade para promover o sector agroalimentario e potenciar o medio rural. Un dos obxectivos é favorecer que as empresas poidan completar os ciclos produtivos en Galicia, e incrementar o valor do PIB comunitario. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Reciclaxe, solidariedade e protección do medio ambiente únense nunha nova iniciativa na Pobra do Brollón

Seguinte Nova

Adxudicados os traballos de restauración da igrexa de San Vicente de Pombeiro en Pantón

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: