A axenda cultural da Vicepresidencia da Deputación pechou 2020 con 280 actividades ao longo da provincia

•Maite Ferreiro salientou que estes eventos “deron osíxeno a un sector profesional moi prexudicado pola pandemia”

Imaxe de arquivo da intervención da vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, nun dos actos culturais organizados pola entidade provincial. GPVDL

A provincia de Lugo contou o ano pasado cunha axenda cultural de 280 actividades ofrecidas pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación. A programación integrou todo tipo de eventos, dende representacións teatrais ata espectáculos de maxia, pasando por proxeccións audiovisuais, concertos, danza e circos. Tamén se desenvolveron coloquios, conferencias e presentacións literarias.

CONTINUIDADE COS PROGRAMAS ANTERIORES E NOVAS INCORPORACIÓNS
A vicepresidenta da Deputación e responsable da Área de Cultura, Maite Ferreiro, explicou que “demos continuidade a todas as programacións que se viñan desenvolvendo na área de Cultura” a pesar das restricións impostas pola crise sanitaria. Ademais, puxéronse en marcha novas actividades “coas que dar osíxeno a un sector profesional moi prexudicado pola pandemia e dinamizar culturalmente as comarcas”.
No anuncio deste balance de actividades, Ferreiro agradeceu “a implicación de concellos e asociación culturais no desenvolvemento das programacións”.
MÁIS DE 120 EVENTOS TEATRAIS E MUSICAIS DE PROGRAMAS QUE XA ESTABAN EN MARCHA
Para levar a cabo esta axenda, dende a Vicepresidencia optaron por “actos con capacidade reducida, calendarios flexibes e formatos en liña para manter a actividade en condicións de seguridade”. Maite Ferreiro precisou que foron máis de 80 as representacións dos circuítos profesional e afeccionado as desenvolvidas en 2020. Tamén tivo continuidade o programa Musiqueando, cun total de corenta actuacións de grupos tradicionais, bandas e corais.
REFORZAR DATAS COMO O DÍA DE ROSALÍA CON NOVOS EVENTOS
Por outra banda, a Área de Cultura deseñou novas programacións “para reforzar a proxección de datas moi relevantes para a cultura e a identidade como o Día de Rosalía ou o Día das Letras Galegas”.
Xunto a estas programacións, a Vicepresidencia puxo en marcha proxeccións itinerantes de cine galego, así como o programa de promoción da lectura Muralla das Letras, e iniciativas artísticas e culturais por centros educativos de toda a provincia. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Gundivós converterase nun dinamizador cultural e artístico co proxecto do escultor e pintor soberino Modesto Trigo

Seguinte Nova

O alcalde de Quiroga revisou coa conselleira de Medio Ambiente e Territorio medidas para impulsar o municipio

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: