O Entroido en Bóveda celebrouse nas redes sociais, co Concurso en liña de Disfraces. A convocatoria tivo moi boa acollida, tanto en fotografías enviadas como nos votos en forma de likes para o reparto dos vales de compra a gastar no comercio de Bóveda.
Os gañadores nas diferentes categorías locais foron: Alma Arias, Domus Vi («El problema es que me he comido unas almendritas» «O vacinazo de Margaret Keenan ou a imaxe que fará historia» e «A desescarallada»), Humberto Arias e Sara Gradío («Sara Frida Kahlo Calderón e o seu marido Humberto Rivera»), Carlos Lamus, Alba López, Daniela Johana e Dylan Lamus («Daniela, Dylan e papis: familia unicornio»). De fóra de Bóveda, os gañadores foron: Luca Rois («Luca Manostijeras»), do Saviñao; Luisa Astray («Pirata»), de Monforte; David e Paula Pérez («Fabricando as vacinas «Astra Zéneca de Hacendado» e «Pfizer na casa»), de Lugo; Nery González Pérez e Iago Fernández («Gertrudis e Gervasio»), de Monforte; e Centro de Día da Pobra do Brollón («Morte ao bicho»). •
Últimas noticias sobre EVENTOS
O Concello de Monforte de Lemos, a través da súa Concellería de Cultura, convoca o XXXI
O Mesón Ferreiriño alzouse co título de tapa gañadora no concurso Val de Quiroga de Tapas
A tradicional Mostra do Aceite de Quiroga, que terá lugar o domingo 21 de abril no
O Motoclub RS Chantada vén de cambiar recentemente de directiva e nesta nova andaina decidiuse recuperar
Un ano máis, a multitude de actividades programadas, que con pequenos axustes pola ameaza de choiva