Este ano conmemóranse os 25 anos do falecemento do poeta monfortino Lois Pereiro. Para homenaxear a súa obra, o Ateneo Casino de Monforte vén de poñer en marcha unha campaña «expansiva» en redes sociais, que estará activa ata o 21 de marzo, Día da Poesía.
A iniciativa arrancou o 16 de febreiro, día do nacemento de Pereiro, con lecturas on line de poemas do creador monfortino a cargo de diversas personalidades da cultura galega. Os versos de Lois Pereiro puidéronse escoitar en boca de escritores como Manuel Rivas, Olga Novo, Claudio Rodríguez Fer ou Ledicia Costas, ademais de representantes do mundo audiovisual, como os actores Miguel de Lira e Martiño Rivas, e o director Alfonso Zarauza, ou do eido xornalístico, como Antón Losada. Os recitados acompañáronse con imaxes do cineasta Manuel Valcárcel.
Ata o 21 de marzo, todas as persoas que queiran sumarse a esta homenaxe a Lois Pereiro poden subir o seu vídeo ao cancelo #LP25anos.
María Loreto G.Cabanas, presidenta do Ateneo Casino, destacou que «a reivindicación da figura de Lois é fundamental na programación deste ano», xunto á Ribeira Sacra e o Camiño de Inverno.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
A Asociación Veciñal do Saviñao, representada pola súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, solicitou á Alcaldía un
A Asociación Cosmética Galega (ACG) comeza o seu camiño co impulso de vinte e dúas empresas
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un