Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) disporán de preto de 23 millóns de euros nos vindeiros tres anos

Reunión telemática do conselleiro do Medio Rural, José González, coa directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, a finais de xaneiro. GPXG

Ata 2023, o programa europeo Leader disporá de arredor de 35 millóns de euros para apoiar o labor que realizan os 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia. Desta contía, 23 millóns destinaranse a financiar proxectos ao abeiro da medida Leader no mesmo periodo de tempo.

MOBILIZACIÓN DE TERRAS
Desta volta, poderanse financiar proxectos vinculados a instrumentos ou procedementos de recuperación da terra agraria ou de revitalización de núcleos rurais. Estas medidas van na liña da futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, en fase de tramitación, que busca poñer en valor terreos agroforestais e impulsar a recuperación demográfica. •

166 viticultores reciben case 3 millóns de euros en axudas da Xunta para reestruturación e reconversión varietal dos seus viñedos

A comezos de febreiro, a Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia a resolución das axudas aos plans de reestruturación e reconversión varietal dos viñedos. En total, son 166 os viticultores beneficiados finalmente por esta liña de achegas, polas que se repartirán preto de 3 millóns de euros.

REPARTO POR PROVINCIAS E POR DENOMINACIÓNS
O plan de subvencións vai permitir actuar sobre unha superficie de case 290 hectáreas de viñedos, das que 123,5 están na provincia de Pontevedra, 92 na de Ourense, 51,7 na da Coruña e e 21,9 na de Lugo. Por zonas vitícolas e número de beneficiados, a Denominación de Orixe Rías Baixas contén o número máis elevado, con 73 persoas receptoras de axuda, seguida por Valdeorras, con 29; O Ribeiro, con 25; A Ribeira Sacra, con 16 e Monterrei con 12. Tamén hai rexistrado un beneficiario destas achegas na Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo.

OBXECTIVOS
Do que se trata con estes plans de reestruturación é reducir os custos de produción nun territorio no que predomina o minifundismo. Ademais, a reconversión varietal permite mellorar as técnicas de xestión dos viñedos e optimizar a súa orientación aos mercados, preservando a un tempo as variedades autóctonas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Visita do vicepresidente económico da Xunta a Bóveda para abordar a dinamización empresarial

Seguinte Nova

A Xunta mantén este ano o importe dos convenios coas Federacións Deportivas, a pesar do descenso da actividade

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: