O Concello de Bóveda participa na II edición do proxecto «Hola Pueblo», que pon en contacto a persoas emprendedoras con municipios que buscan poboadores

Imaxe da parroquia de Teilán, no municipio de Bóveda. (Foto cedida).

A dinamización do rural no sur lucense conta cunha nova iniciativa. Bóveda vén de sumarse á segunda edición do proxecto «Hola Pueblo», que conta xa con 70 municipios adheridos en toda España. O obxectivo deste programa, que promoven Red Eléctrica de España, Correos e AlmaNatura, é impulsar a repoboación nas áreas rurais. O sistema é sinxelo: trátase de facilitar o contacto entre persoas que desexen levar a cabo un proxecto de emprendemento no rural e municipios que busquen ampliar o número de residentes.
Segundo informaron dende o Concello de Bóveda, a vinculación a este proxecto foi posible grazas ás xestións realizadas dende o GDR Ribeira Sacra- Courel, que ten a súa sede administrativa neste municipio.

PUNTOS FORTES
Pola súa parte, os Concellos encárganse de detectar as áreas de oportunidade de emprendemento e os recursos dispoñibles. Entre eles, Bóveda citou os servizos de farmacia, colexio e centro de saúde, vivendas para alugar ou comprar, e persoal técnico para asesorar aos emprendedores. A pertenza de Bóveda á Ribeira Sacra, á espera de que sexa declarada Patrimonio da Unesco, é un importante atractivo. Ademais, hai fibra óptica, parque industrial, boas comunicacións e unha rede de regadío.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A representación da obra «Teatro e Mulleres», do grupo monfortino Teatreiras, pode verse en YouTube co apoio da Deputación

Seguinte Nova

Visita do vicepresidente económico da Xunta a Bóveda para abordar a dinamización empresarial

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: