Os máis de 2,7 millóns de euros do Orzamento de Sober priman o gasto social e os investimentos

Casa do Concello de Sober. GPCS

O primeiro de xaneiro, e como vén sendo habitual nos últimos anos, o Concello de Sober deu luz verde ás contas anuais, que destinan para 2021 un total de 2.775.000 euros. Os eixos fundamentais destes Orzamentos son, segundo explicaron dende o Goberno local, o gasto social e os investimentos.

IGUALDADE DE XÉNEROS EN TODOS OS EIDOS
Tamén este ano, o Executivo local tivo en conta a igualdade de xénero en todos os eidos, no acceso ao emprego, na formación, na promoción e nas condicións laborais. Dende o Consistorio afirmaron que o documento aprobado no Pleno promociona a igualdade e a participación activa das mulleres en todos os ámbitos da sociedade. Ao mesmo tempo, contempla varias accións sobre prevención e loita contra a violencia de xénero.

REBAIXA FISCAL
O alcalde salientou que “non se sobe ningún imposto, nin taxa”, senón que se reduce “a taxa do lixo nun 10% e se inclúe a gratuidade do segundo fillo na Gardería Municipal”.

INVESTIMENTOS
As cifras máis destacadas dos Orzamentos de Sober para 2021 sinalan 1.400.000 euros para benestar comunitario e gasto social, e case 275.000 euros para cultura, educación e deporte. Así mesmo, o documento destina 800.000 euros a investimentos, con 140.000 para saneamentos e abastecementos, máis de 100.000 euros para arranxo de camiños, 245.000 para mellorar o alumeado público, 122.000 para rehabilitar dúas vivendas municipais en Vilarmaior e outros 40.000 euros para acondicionar os miradoiros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A provincia de Lugo estrea ano cuns Orzamentos de 92,5 millóns de euros

Seguinte Nova

A Xunta investiu case 1,2 millóns de euros nos tres obradoiros conxuntos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: