A CHANTADINA VINIGALICIA LOGRA OS INDICADORES ARDÁN DE EMPRESA GLOBAL E INNOVADORA

• Os criterios valorados neste indicadores só os cumpren o 5% das empresas galegas

A empresa Vinigalicia, con sede en Chantada, continúa a apostar pola innovación e a competitividade. En novembro, deuse a coñecer a concesión a Vinigalicia dos indicadores Ardán 2020 que outorga a Confederación Zona Franca de Vigo.

APOSTA POLA INTERNACIONALIZACIÓN
Segundo explicaron dende Vinigalicia, o grupo adegueiro logrou o indicador de Empresa Global, que recoñece ás firmas que presentan grandes avances no proceso de internacionalización. Para esta valoración, tivéronse en conta factores como o volume de exportación, o número de clientes e o número de países aos que exporta os seus produtos, entre outros datos.

INNOVACIÓN E INVESTIGACIÓN
Así mesmo, o segundo indicador que logrou Vinigalicia foi o de Empresa Innovadora, concedido tras evaluar os niveles de desempeño da firma, así como os esforzos en I+D+i.
Os responsables de Vinigalicia precisaron que estes criterios xa foron conseguidos por esta empresa familiar en varias ocasiones. A aposta pola calidade e a mellora constantes reflíctese nesta nova concesión dos indicadores Ardán.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA SAMOEIRO ARRANCOU O CURSO CON MÁIS DE 80 MATRICULADOS

Seguinte Nova

Monforte promove dous concursos para escolares dentro da Rede de Xuderías de España

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: