Os aceites da futura Denominación de Orixe de Quiroga terán un mínimo do 80% de oliva autóctona

Este mes tivo lugar unha nova xuntanza no Concello de Quiroga para afondar na constitución dunha Denominación de Orixe para o aceita da comarca. Na xuntanza, á que acudiron os olivicultores de Quiroga xunto aos responsables do Concello, determináronse varios aspectos previos á elaboración dun documento técnico, comandado pola Universidade de Vigo.
Unha das cuestións tratadas na xuntanza foi a porcentaxe de oliva autóctona que ha de ter o aceite con Denominación de Orixe. Segundo informaron dende o Concello, a porcentaxe mínima será do 80% no caso de aceites de oliva virxe extra, e o resto completarase con variedades que se estean producindo na comarca quiroguesa dende hai máis de quince anos.
O selo da futura Denominación busca que este aceite se elabore exclusivamente con variedades autóctonas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga participa no obradoiro de emprego Montañas do Courel

Seguinte Nova

Quiroga aposta polo medio ambiente cun plan para reducir o efecto invernadoiro

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

A %d blogueros les gusta esto: