Un novo convenio permitirá investir 2,4 millóns en mellorar o saneamento de Monforte

•Suprimirase o aliviadoiro do Parque dos Condes, para evitar máis verteduras ao río Cabe

José Tomé adiantou o proxecto para mellorar a rede de saneamento xunto ao presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga.

Monforte beneficiarase de novas melloras na rede de saneamento, tralo acordo asinado entre o Concello e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil. O alcalde, José Tomé, explicou os detalles do proxecto logo da sinatura do convenio co presidente da Confederación, José Antonio Quiroga, o pasado 18 de novembro.

O CONCELLO APORTA 480.000 EUROS
Deste xeito, o Consistorio dá luz verde a un investimento de 2,4 millóns de euros, que terá trascendencia non só para a calidade do servizo senón tamén do medio ambiente. Neste sentido, Tomé salientou que este proxecto servirá, entre outras cousas, para anular o aliviadoiro do Parque dos Condes, «resolvendo un problema medioambiental, evitando que haxa máis verteduras ao río Cabe». Na achega de fondos, o Concello aportará 480.000 euros e a Confederación 1.920.000 euros.

ESTUDO INTEGRAL DA REDE DE SANEAMENTO DA CIDADE
No proxecto anunciado, está incluída a renovación parcial ou total dos colectores das rúas Morín e Xoán Montes, da rúa Valle-Inclán despois da vía do tren, e do Barrio das Cruces ao lado do regato das Malloadas. Despois de salientar a importancia ecolóxica do proxecto para reducir filtracións e verteduras ao río, o alcalde de Monforte precisou que o proxecto conveniado coa Confederación Hidrográfica tamén inclúe un estudo integral da rede, «co fin de avaliar cales son os problemas de saneamento da cidade». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Arrancan as obras para converter o corredor de Nadela-Sarria en autovía

Seguinte Nova

A Unesco valorará en China a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: