O OBRADOIRO DE EMPREGO QUE PROMOVE O SAVIÑAO COMEZARÁ EN DECEMBRO.

O dato deuno a coñecer o alcalde, Carlos Armesto, quen salientou o investimento de 346.946 euros da Xunta neste obradoiro, promovido polo Saviñao e desenvolvido cos concellos de Pantón e Sober. Serán 20 os alumnos-traballadores que se formarán neste obradoiro durante nove meses, tempo no que terán un contrato laboral mentres aprenden e realizan tarefas en espazos públicos. Ao remate, os participantes recibirán cadanseu certificado de profesionalidade.
Armesto puntualizou que o obradoiro Ricra IV dará formación nas especialidades de carpinteiría e forestal. Os alumnos do primeiro módulo realizarán pezas de mobiliario urbano e equipamento, como varandas, bancos ou estanterías. Pola súa banda, as persoas inscritas no módulo de forestal realizarán unha poda nas devesas de Escairón e Currelos, guiados por monitores especializados. O módulo abrangue o percorrido dos Chancís e a romaría de Cadeiras para o alumnado de Sober, e varias zonas verdes de Ferreira, entre as actuacións previstas en Pantón. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Saviñao recupera a Escola de Diomondi cun investimento mixto entre a Xunta e o Concello

Seguinte Nova

Unha vintena de persoas especializáronse en enoturismo a través dun curso en Monforte

Últimas noticias sobre EMPREGO

A %d blogueros les gusta esto: