Dende o sindicato cualificaron de «falta de respecto» de José Tomé cando afirmou que «houbo traballadores do Concello que en vez de teletraballo durante o estado de alarma fixeron televacacións». CCOO considera que o sistema de acreditación da xornada en teletraballo debe ser a mesma que estea vixente para o resto de persoal non teletraballador, debendo garantirse o dereito en todo momento á desconexión dixital.
Así mesmo, a formación sindical votou en contra do Regulamento do teletraballo proposto polo Concello de Monforte, por consideralo «unha imposición» que non recolle os criterios mínimos que marca o novo Real Decreto Lei aprobado polo Goberno. Dende CCOO lembran que a normativa establece que o teletraballo debe ser «voluntario e reversible», e que «a Administración terá que proporcionar e manter os medios tecnolóxicos necesarios». O sindicato criticou que o documento que o Concello levou á mesa de negociación do 2 de outubro indica que os empregados públicos que se queiran acoller á modalidade de teletraballo deberán dispor dun equipo informático propio coa aplicación Anydesk con acceso a internet e un teléfono móbil.
Outra das «imposicións» que, en palabras dos representantes de CCOO, fixo o Concello tivo que ver co tempo máximo de duración do teletraballo, de ata dous días á semana, mentres que o sindicato propoñía que o número máximo de sesións se fixese en cómputo mensual e non semanal.
Por último, as demandas de CCOO inclúen que o acceso á xubilación voluntaria parcial se amplíe tamén ao persoal funcionario, e non só ao laboral fixo, para os traballadores que cumpran os requisitos marcados pola Lei de Seguridade Social. •
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
O Concello de Sober converteuse esta semana no epicentro do lanzamento do «O Encontro de Sober»,
Este luns, 1 de abril, abre o prazo para presentar solicitudes ao programa ReAcciona da Xunta
Remarca a súa colaboración institucional para que manteña a súa sede en Monforte, e propón a
A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra organizou unha xornada para presentar propostas para a elaboración do
Desde a Xunta de Galicia, os populares galegos apoian o investimento, mentres nacionalistas e socialistas móstranse