Presentan en Lugo unha tese doutoral sobre a raza do porco celta

•A investigación de Iván Manuel Rodríguez Paz sobre a evolución desta especie dende a súa orixe ata que se recuperou na actualidade recibiu a máxima cualificación

Iván Manuel Rodríguez Paz, autor da tese doutoral sobre a raza do porco celta, trala súa defensa na Facultade de Veterinaria de Lugo, o 2 de novembro.

O estudo das orixes do porco celta, unha das razas autóctonas máis singulares de Galicia, e o camiño ata a súa actual recuperación foi o eixo da tese de doutoramento que defendeu Iván Manuel Rodríguez Paz na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo.

O LIBRO XENEALÓXICO, CLAVE PARA RECUPERAR O PORCO CELTA
A investigación de Rodríguez Paz destaca a importancia de que a recuperación da raza comezara por elaborar un libro xenealóxico no que se avaliara a información de pedigree, coñecendo así a variabilidade xenética e a consanguinidade existentes. Dende a Asociación de Produtores de Porco Celta (ASOPORCEL) valoraron este aspecto, debido ao reducido número de exemplares a partir dos que se empezou a recuperar a raza.
Segundo informaron dende a Asociación, o propio investigador salientou que «non hai mellor maneira de conservar o material xenético que conservando os rabaños de animais dos gandeiros dedicados á cría desta raza».
Baixo o título «Características productivas da canal e da carne na raza autóctona porcina Celta», a tese de Rodríguez Paz estivo dirixida polos profesores da USC Antonio Iglesias Becerra e Víctor Pereira Lestayo, e polo profesor da Universidade de Vigo José Manuel Lorenzo Rodríguez. O xurado valorou a tese de Rodríguez Paz cun sobresaínte cum laude, a máxima cualificación académica. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Estrea do selo de calidade Artesanía Alimentaria

Seguinte Nova

A Feira de Amandi reinvéntase para seguir enxalzando a cultura do viño

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: