A XUNTA DE PERSOAL DO HOSPITAL LAMENTA ENTERARSE DA MARCHA DO XERENTE «POLA PRENSA»

Os responsables da plantilla quéixanse de que «a comunicación por parte desta dirección nunca foi moi boa», a pesar dos «repetidos» intentos da Xunta de Persoal para tratar que o director, que vén de deixar o posto de Monforte para asumir outro cargo hospitalario en Vigo, comunicara «calquera cambio» a este organismo de representación dos traballadores do centro. «O Hospital de Monforte leva sen dirección moito tempo debido á súa baixa por paternidade», precisando con todo que o xa ex director «ten todo o dereito do mundo a esta baixa». O que si critican dende a Xunta de Persoal é «que, coa que está caendo en Monforte por mor da covid-19, non nos merecemos estar sen dirección, e sen ter un interlocutor a quen dirixirnos para tratar de solucionar calquera problema que poida xurdir». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Investimento de 150.000 euros para acondicionar a estrada provincial entre Ferreira e Escairón

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra estrea Pacto pola Paisaxe para protexer a súa riqueza natural

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: