Pantón avanza na oferta dun turismo cultural máis inclusivo

O Concello recibiu dúas maquetas do Mosteiro das Bernardas para achegar o románico ás persoas con discapacidades visuais

Na imaxe, o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, recolle a reproducción dunha ventá románica que lle entrega o presidente do Ateneo de Pontevedra, o pasado 22 de outubro.

Conseguir unha oferta turística cada vez máis inclusiva foi o obxectivo dun proxecto desenvolvido polo Ateneo de Pontevedra e no que se implicou o Concello de Pantón. Entre os resultados deste proxecto, que contou co apoio do programa da Xunta O Teu Xacobeo, está a elaboración dunha reproducción dunha ventá do mosteiro cisterciense do Divino Salvador de Ferreira, así como dunha maqueta deste emblemático enclave patrimonial.
Ambas pezas foron entregadas ao alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, nun acto que se celebrou no propio Consistorio en Ferreira, o 22 de outubro. No acto, Álvarez recolleu estas pezas de mans do presidente do Ateneo de Pontevedra, Xaime Toxo, coa presenza tamén da concelleira de Turismo de Pantón, Cristina Domínguez.
O Ateneo de Pontevedra foi beneficiario do proxecto «Patrimonio e turismo inclusivo na Ribeira Sacra» dentro do programa O Teu Xacobeo, e que coordinou co asesoramento de diversas entidades, como Cogami ou ONCE. O obxectivo foi abrir a experiencia turística a colectivos con necesidades diferentes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Miguel Tierra inaugura en Monforte a súa exposición «Las horas libres y la ciudad desnuda»

Seguinte Nova

Sober foi parada da exposición itinerante “O Fin do Camiño”

Últimas noticias sobre TURISMO

A %d blogueros les gusta esto: