A veciñanza de Monforte pagará menos impostos en 2021, unha vez que o Goberno local sacara adiante a modificación das ordenanzas fiscais para o vindeiro exercicio. Estas modificacións suporán o mantemento, un ano máis, das taxas que recada o Concello, sen aplicarlle ningunha suba polo incremento do IPC.
O alcalde, José Tomé, detallou as características da proposta que aprobou o Pleno o 26 de outubro. «Decidimos manter a redución levada a cabo en 2020 das fiscalidade da ordenanza do cemiterio por sepultura e por transmisións nun 50%», sinalou, ademais de «manter conxeladas o resto das ordenanzas fiscais para o vindeiro 2021». Isto implicará que non subirán as taxas da piscina, a auga, o saneamento ou o lixo.
O sentido destas medidas explícase, segundo precisou Tomé, na intención do Goberno local «de paliar, na medida do posible, os efectos que a crise da covid-19 está ocasionando entre os nosos veciños, para facilitarlles o pago das súas obrigas co Concello». •
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
O Concello de Sober converteuse esta semana no epicentro do lanzamento do «O Encontro de Sober»,
Este luns, 1 de abril, abre o prazo para presentar solicitudes ao programa ReAcciona da Xunta
Remarca a súa colaboración institucional para que manteña a súa sede en Monforte, e propón a
A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra organizou unha xornada para presentar propostas para a elaboración do
Desde a Xunta de Galicia, os populares galegos apoian o investimento, mentres nacionalistas e socialistas móstranse