A Deputación aproba 660.000 euros para arranxar tres estradas en Paradela e unha en Sober

Ademais, adxudicáronse por 325.000 euros as obras de conservación da zona 4, na que están tres concellos da comarca de Sarria e os tres da Ulloa

Rolda de prensa na que se informou dos investimentos nas estradas de Paradela e Sober. De esquerda a dereita, o deputado Efrén Castro; o presidente da Deputación, José Tomé; e a voceira socialista, a deputada Pilar García, o pasado 23 de outubro

A rede de estradas provinciais terá de novo obras de mellora na zona sur. Desta volta, corresponderán a tres viais do municipio de Paradela, e á estrada que une Sober e Doade. En total, a Deputación vai investir 660.000 euros nestes traballos, no marco dun investimento de 2 millóns para executar melloras nun conxunto de sete viais.

12 QUILÓMETROS DE OBRAS EN PARADELA
Segundo informou en rolda de prensa a finais de outubro o presidente, José Tomé, a Deputación aprobou un importe de 543.000 euros para arranxar tres estradas que unen a localidade de Paradela con Currelos, no municipio de O Saviñao. Na LU-P-4201, que une Pacios con Mosteirovello, vaise actuar en tres treitos, cun total de 2,5 quilómetros, mellorando así as comunicacións nunha das zonas máis poboadas do municipio.
Por outra banda, o acondicionamento da LU-P-4205 entre Aldosende e Foilebar suporá renovar máis de tres quilómetros e medio. Así mesmo, vaise traballar na LU-P-5818, dende a intersección coa estrada provincial LU-P-4202 ata o núcleo de Vila, mellorando o servizo para un importante número de parroquias.

ESTRADA VECIÑAL PERO TAMÉN TURÍSTICA
En Sober, a Deputación arranxará a LU-P-5903 que comunica a capitalidade de Sober con Doade. O proxecto de mellora abrangue un quilómetro, nun dos tres treitos que está pendente de arranxar no vial que une Sober con Castro Caldelas. Tomé reafirmou o compromiso da Deputación de ter arranxados os tres tramos neste mandato. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Goberno central aproba unha axuda de 3,7 millóns de euros para renovar o alumeado público de Sarria

Seguinte Nova

A Pobra do Brollón contará cun tractor e una rozadoira para o equipamento municipal

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: