Monforte está en alerta vermella Nivel 3 e Bóveda en alerta laranxa Nivel 2

Rexistrase o primeiro caso no IES de Quiroga

Mentres tanto Monforte está en alerta vermella nivel 3 con máis de 21 casos detectados nos últimos 7 días, único concello neste nivel de alerta xunto coa capital da provincia, en Lugo e que ten cinco ingresados no Hospital Comarcal de Monforte por Covid-19. Por outra banda, detectouse un novo caso de contaxio no IES A PINGUELA, o que sobe o total a 3 alumnos contaxiados no devandito centro, que se suman aos detectados días atrás no IES Río Cabe (2), CPR Ferroviario (1) e CPR Plurilungue A Gandara (1). Ademais no IES de Quiroga rexistrouse esta semana o primeiro caso de contaxio por Covid-19.

En canto ao brote detectado na Residencia de Bóveda e que ten ao concello en alerta laranxa Nivel 2, non hai novidades en canto ao rexistro de novos contaxios, polo que os casos ata o momento ascenden a 30, 14 traballadores e 16 residentes, 3 dos cales presenta sintomatoloxía de certa gravidade que requiriu o seu ingreso hospitalario.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Covid -19 afecta tamén ás Rutas do Viño

Seguinte Nova

Galicia, cumprindo a normativa estatal, restrinxirá a mobilidade entre as once da noite e as seis da mañá

Últimas noticias sobre SAÚDE

A %d blogueros les gusta esto: