As novas restricións ante a Covid -19 levan ao Concello de Monforte a suspender temporalmente as Escolas Deportivas Municipais

O alcalde de Monforte, Jose Tomé Roca, asinou con carácter de urxencia tres novos decretos que modifican os protocolos de uso das instalacións deportivas municipais, incluido a piscina e o seu ximnasio, adaptando os mesmos as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia publicadas no DOGA o día 21 de outubro. Na práctica isto supón a suspensión temporal das escolas deportivas municipais que comezaran o seu normal desenvolvemento a primeiros de outubro y que viñan levándose a cabo con normalidade ata o día de hoxe, tendo en conta os aforos máximos establecidos para cada actividade así como as medidas de prevención de contaxio por COVID-19 establecidas polas autoridades sanitarias.

A Orde do 21 de outubro de 2020, establece no punto 3.14 do Anexo de Medidas de prevención específicas para Actividades e instalacións deportivas que:

 “A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de cinco persoas de forma simultánea, sen contar, de ser o caso, o monitor. Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata cinco persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade”.

“Por este motivo”, sinalou o Alcalde, “tendo en conta a evolución da pandemia do COVID-19 en Galicia, tendo en conta as limitacións de aforo e de composición de grupos establecidas, e tendo en conta que a maioría de grupos de actividade de cada unha das modalidades deportivas ofertadas polo Concello supera as cinco persoas, decidimos suspender a actividade das Escolas Deportivas Municipais dende o día de hoxe e ata que se dean as condicións axeitadas para o seu reinicio”.

Modificación do Protocolo de uso das instalacións Deportivas Municipais

O Equipo de Goberno considerou necesario modificar o protocolo de uso de instalacións deportivas municipais do Concello para facer fronte á nova realidade ocasionada pola pandemia do covid-19, anticipando que o seu contido poderá sufrir novas modificacións e adaptacións como diten as autoridades sanitarias vista a evolución da pandemia do COVID-19.

O protocolo aplicarase nas seguintes instalacións deportivas:

•   Pavillón Municipal da Pinguela

•   Pavillóns polideportivos escolares

•   Campo Municipal de Fútbol da Pinguela

•   Campo Municipal de Fútbol Luís Bodegas


Pode consultarse o protocolo completo de actuación na web de concello: http://www.monfortedelemos.es/sites/default/files/pdf_audio/multimedia/noticias/Decreto_Modificacion_Protocolo_uso_Instalacions_Deportivas_Municipais.pdf

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

TEATRO PARA TODOS OS PÚBLICOS EN MONFORTE ATA FINAIS DE ANO

Seguinte Nova

O Covid -19 afecta tamén ás Rutas do Viño

Últimas noticias sobre SALUD

Publicidade

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Recomendacions-sobre-coronavirus

A %d blogueros les gusta esto: