145.000 euros da Deputación para mellorar a estrada entre Ferreira e Escairón

O organismo provincial licitou este mes unha obra que suporá o arranxo de máis de dous quilómetros

O presidente da Deputación, José Tomé, e a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorial e Turismo, Pilar García Porto, no anuncio da licitación da estrada LU-P-4102, o pasado 2 de outubro

O plan de acondicionamento da rede de estradas provinciais segue en marcha, desta volta cunha nova actuación na zona sur. A comezos de outubro, a Xunta de Goberno da Deputación aprobou a licitación da obra de mellora da LU-P-4102, por un importe de 145.000 euros. Segundo precisou o mandatario provincial, José Tomé, os traballos na estrada que une Ferreira de Pantón con Escairón inclúen o arranxo do firme con aglomerado en quente, desbroce de cunetas e instalación de novos sinais.
A obra nesta «estrada fundamental» que une dúas capitalidades municipais conta cun prazo de execución de seis meses.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En prazo as becas de transporte universitario de Monforte

Seguinte Nova

A Deputación licitou de novo por 1,7 millóns as obras do centro de maiores da Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

A %d blogueros les gusta esto: