En prazo as becas de transporte universitario de Monforte

Os veciños e veciñas de Monforte que cursen estudos fóra da cidade poden solicitar as axudas para o transporte que convoca o Concello. O Consistorio destina para este fin un total de 14.000 euros, que se distribuirán en becas para os gastos de transporte por motivos de estudos dende setembro de 2020 ata xullo de 2021.
O prazo para solicitar estas achegas está aberto ata o 30 de outubro de 2020. Para optar ás axudas, haberá que estar empadroado en Monforte, e cursar estudos universitarios, ou ben modalidades de Bacharelato e Ciclos medio e superior de Formación Profesional que non se oferten na cidade, ou nas que, de habelas, non se acadou praza nelas praza. O importe das becas calcularase tendo en conta a renda da unidade familiar.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Nova edición do certame Fotoxénica – Mente

Seguinte Nova

145.000 euros da Deputación para mellorar a estrada entre Ferreira e Escairón

Últimas noticias sobre AXENDA

A %d blogueros les gusta esto: