Continúa o Outono Musical en Chantada

O Auditorio Municipal de Chantada está a acoller as diversas sesións do VI Outono Musical Lourdes Vázquez Ledo. Logo das actuacións do Dúo Esjedon, na xornada inicial o día 4, e de Alba Barreiro Trío, o sábado 10, a axenda cultural continúa cunha nova cita. O sábado 17 de outubro, terá lugar a actuación da agrupación de música de cámara Lucus Ensemble. A axenda completarase co concerto a cargo da Banda Municipal de Chantada, o sábado 24 de outubro.
AFORO REDUCIDO E CONTROL DE ACCESO CON PROTOCOLO SANITARIO
Todas as actuacións comezarán ás 19:00 horas. A organización lembra que, por mor da crise sanitaria, o Auditorio Municipal aplica redución de aforo. Por este motivo, recoméndase acudir con suficiente antelación. Ademais, á entrada realizarase un control de temperatura e será obrigatoria a desinfección de mans, así como o uso de máscara no interior do recinto. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Demanda de clases de ukelele na Casa de Música de Chantada

Seguinte Nova

Actividades para todos no Outono Cultural de Bóveda

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: