A veciñanza da parroquia pantonesa de Tribás xa conta con rede de abastecemento de auga

Esta obra supuxo un investimento da Xunta de 253.000 euro

Na entrega da obra por parte da Xunta ao Concello, estiveron presentes o alcalde de Pantón, José Luís Álvarez, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o pasado 9 de outubro.

A comezos deste mes, quedou entregada a obra de construción executada pola Xunta para levar a rede de abastecemento de auga aos veciños da parroquia de Tribás, no municipio de Pantón. Neste proxecto, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade investiu un total de 253.000 euros.

CONSTRUCIÓN DENDE CERO
No acto de formalización da entrega participou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o alcalde de Pantón, José Luís Álvarez. A partir deste momento, a rede queda á disposición dos veciños, e será o Concello o encargado da súa posta en funcionamento.
Para levar a traída de auga aos veciños de Tribás, foi preciso executar unha nova captación e o correspondente depósito, así como instalar a tubaxe de comunicación coa totalidade das vivendas que hai nesta parroquia, na que se rexistran medio cento de habitantes habituais. Na rede colocáronse válvulas de peche para sectorizala, que permiten actuar en caso de fugas. Ademais, instaláronse bocas de rego.

CALIDADE DE VIDA
Javier Arias aproveitou para sinalar a importancia destas obras, “que melloran a vida no rural e facilitan o asentamento da poboación moza”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga inaugurou por fin o Centro de Día no barrio da Ribeira

Seguinte Nova

A arqueoloxía comeza a desvelar en terras soberinas os segredos da mítica Proencia romana

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: