Comezou o arranxo do firme na estrada que vai do núcleo urbano de Monforte á parroquia de Chavaga

O orzamento da Xunta para esta obra, que abrangue 6,7 quilómetros, ronda os 310.200 euros

A comezos deste mes, a Xunta iniciou os traballos de acondicionamento do firme da estrada LU-933, no treito entre o núcleo urbano de Monforte e a parroquia de Chavaga. O proxecto, licitado en 310.200 euros, suporá o arranxo de 6,7 quilómetros de vial autonómico. Segundo comentou o delegado da Xunta na provincia, Javier Arias, está previsto que a obra quede rematada antes de finais de ano, se as condicións meteorolóxicas o permiten. Ademais, Arias lembrou que a Xunta ampliou en 2,3 quilómetros o proxecto inicial, que só levaba o novo firme ata a parroquia de Bascós. A dotación orzamentaria permitiu estender a actuación ata a parroquia de Chavaga.
O proxecto inclúe fresado e acondicionamento do firme con aglomerado en quente, limpeza de gabias e noiros, e repintado da sinalización horizontal e vertical. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A evolución da cifra dos novos contaxios en Galicia parece confirmar a chegada da temida segunda ola

Seguinte Nova

Comezan as obras para construír a glorieta no cruce de Bóveda

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: