O C.R.D.O.R.S. da por remtada a vendimia con 5.244.049 kg recollidos

Imaxe da vendimia da bodega Ponte da Boga


O 7 de outubro entraron en adega lás últimas uvas recollidas na vendima da campaña 2020, polo que se dá por finalizada oficialmente. Os datos da vendima deste ano son os seguintes:

Variedades tintas:

  • Mencía: 4.296.530 k
  • Garnacha: 134.607 k
  • Sousón: 112.462 k
  • Brancellao: 51.574 k
  • Merenzao: 50.072 k
  • Caíño: 28.424 k
  • Tempranillo: 25.024 k
  • Mouratón: 5.355 k
  • Grao Negro: 1.425 k

Variedades brancas:

  • Godello: 412.948 k
  • Albariño: 62.717 k
  • Treixadura: 44.125 k
  • Dona Branca: 8.875 k
  • Blanco legítimo 4.430 k
  • Torrontés: 3.060 k
  • Loureira: 2.511 k

Total de quilos recollidos: 5.244.049

O pasado ano 2019 supuxo unha colleita record na  Ribeira Sacra, e xa se vía que para este ano 2020 sería complicado chegar a cifras similares. “Tivemos unha primavera moi chuviosa cunhas temperaturas atípicas e os fungos atacaron máis do normal. Foi un ano complicado onde se cumpriron as expectativas dun ano difícil con condicións climáticas adversas. Despois da colleita máis abundante tamén a natureza se autorreguló e todo está dentro do esperado, cun pouco menos dun 15% menos de colleita dun ano normal. 5.244.049 quilos recollidos nunha campaña cunhas condicións meteorolóxicas que contribuíron ao estado óptimo da uva e á fixación da súa acidez,” afirma o Presidente do C. R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez. Con todo a D.O. supera a colleita do 2013 e do 2014 onde non se chegou aos 5 millóns de quilos. No 2015 recolléronse 6.227.365 quilos, no 2016 recolléronse 5.585.306 quilos; no 2017 foron 5.515.694 e no 2018 chegouse a 6.170.995. No 2019 fora a vendima histórica de 51 días recollendo uva para facerse con máis de 7.200.00 quilos.

Este ano foi unha dura campaña coa pandemia do coronavirus presente en todos os aspectos, xa que como sinala Jose Manuel Rodríguez, “A pandemia non tivo incidente durante a vendima, pero si no coidado das viñas; hai casos en que se trata de economías complementarias de xente que non está aquí e que tivo problemas de desprazamentos para atender a viña. Polo demais a vendima comezou antes e terminou antes cunha uva en excelente estado sanitario e con moi bo grao porque nesta D.Ou. o tema da maduración non é un problema.”

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

NOVO RECOÑECEMENTO AO TRABALLO ADEGUEIRO DA CHANTADINA VÍA ROMANA

Seguinte Nova

O programa España Directo de RTVE, estivo presente na vendimia da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

A %d blogueros les gusta esto: