NOVO RECOÑECEMENTO AO TRABALLO ADEGUEIRO DA CHANTADINA VÍA ROMANA

Este verán, a adega Vïa Romana sumou un novo recoñecemento a nivel nacional. Desta volta, o Vía Romana Grandes Añadas 2011 logrou o premio Distinciones Gallaecia de 2020 aos mellores viños e destilados.

SELECCIONADO ENTRE OS 70 MELLORES SOBRE MÁIS DE 600 VIÑOS
O certame nacional, que tivo lugar en Fisterra, seleccionou a 72 viños de entre máis de 600 que se presentaron a exame. Segundo comentaron dende a adega chantadina, o viño premiado nesta ocasión foi embotellado a finais de 2012 tras un proceso dun ano enteiro «primeiro en depósito e logo en botella». En Vía Romana consideran o tempo como «un elemento fundamental» para a obtención de viños de calidade, ademais da «esixente viticultura» que lle aporta a súa especial singularidade.

VÍA ROMANA, ELIXIDA «ADEGA EXEMPLAR» POLA REVISTA MI VINO
O respecto que a familia adegueira Méndez-Rojo profesa á cultura do viño foi recoñecido este verán por unha das revistas de referencia do sector. A publicación «Mi Vino» seleccionou a Vía Romana como «adega ejemplar», ademais de adicarlle unha ampla reportaxe sobre a súa traxectoria como empresa vitivinícola e a súa filosofía de traballo en torno á mencía da Ribeira Sacra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Javier Arias, novo delegado territorial da Xunta en Lugo

Seguinte Nova

O C.R.D.O.R.S. da por remtada a vendimia con 5.244.049 kg recollidos

Últimas noticias sobre VITICULTURA

A %d blogueros les gusta esto: