A Xunta pon en valor as construcións subacuáticas do río miño

Elabora un estudo sobre as pesqueiras e muíños entre Portomarín e Ferreiroá

A Xunta de Galicia vén de iniciar un estudo sobre as pesqueiras e muíños existentes no leito do río Miño, entre a antiga vila de Portomarín e o antigo pobo de Ferreiroá, na búsqueda de documentar a tipoloxía e detalles que destas construcións que normalmente se atopan baixo a auga.

Farase unha recompilación da documentación que analice a evolución histórica de estes elementos, cunha enquisa etnográfica que recolla o testemuño das persoas con coñecementos deste tipo de elementos. Tamén prestarase atención ó seu estado de conservación aproveitando o baixo caudal do río, o que posibilita a súa visita.

O estudo complétase cun voo fotogramétrico, para documentar topograficamente a área de aproximadamente 3 quilómetros na que se atopan os restos dos antigos pobos de Portomarín e Ferreiroá onde están xa catalogadas 12 pesqueiras e un muíño.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, achega preto de 15.000 euros a esta intervención que se prolongará durante dous meses.

Compromiso coa conservación e restauración

Esta actuación enmárcase no compromiso da Administración autonómica coa conservación, restauración e posta en valor do patrimonio cultural e que se reflicte no importante esforzo orzamentario que fai o Goberno galego para levar a cabo accións de protección en bens culturais de toda a Comunidade. No caso da provincia de Lugo, por exemplo, están en marcha accións como a levada a cabo en Portomarín, a que se iniciará nos vindeiros días no Castro de Santa María de Cervantes ou a que se está levando a cabo actualmente na igrexa de San Pedro de Lugo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Arrinca a Volta a España de ciclismo, de novo con presenza na Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Javier Arias, novo delegado territorial da Xunta en Lugo

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: