Novo horario do Centro do Viño da Ribeira Sacra en Monforte

O Centro do Viño da Ribeira Sacra é un dos puntos de interese turístico máis atractivos para os visitantes que se achegan a Monforte de Lemos. (Arquivo EC)

Coa chegada do outono, cambia o horario de atención no Centro do Viño da Ribeira Sacra e na Oficina Municipal de Turismo, situada no mesmo edificio da monfortina rúa do Comercio. Dende o 16 de setembro, estos espazos están abertos de martes a domingo, en horario de 10:00 a 14:00 horas, e de 16:30 a 20:00 horas. Os luns, as instalacións pechan por descanso do persoal.

VISITAS GUIADAS PREVIA CITA E CUN MÁXIMO DE 10 PERSOAS POR QUENDA
O Centro de Interpretación Ribeira Sacra- Museo do Viño continúa a ofrecer visitas guiadas na tempada de outono-inverno. Este servizo funciona en dúas quendas de mañá e tarde. Pola mañá, as visitas guiadas son ás 11:30 e ás 12:30 horas, e pola tarde os percorridos con guía comezan ás 17:00 e ás 18:30 horas. Debido ás restricións sanitarias, o aforo redúcese a 10 persoas por visita, polo que é imprescindible reservar con antelación. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

MÁIS DE 600 RAPACES PARTICIPARON NO PROGRAMA PROVINCIAL DE ACTIVIDADES FLUVIAIS GRATUÍTAS

Seguinte Nova

A Biblioteca Municipal de Sarria recupera o horario habitual do curso

A %d blogueros les gusta esto: