MÁIS DE 600 RAPACES PARTICIPARON NO PROGRAMA PROVINCIAL DE ACTIVIDADES FLUVIAIS GRATUÍTAS

As actividades tiveron lugar ao longo de todo o mes de agosto e a primeira metade de setembro. GPDL

A mediados de setembro, rematou o programa de actividades fluviais de balde que a Deputación de Lugo organizou en varios concellos da provincia. Este ano, as actividades concentráronse nos municipios de Guitiriz, Navia de Suarna, Trabada, Alfoz e A Pontenova, coa participación de máis de 660 nenos e nenas.

KAIAK E PADDLE SURF, CON XOGOS DE AUGA
O calendario permitiu que os rapaces praticaran kaiak e paddle surf, e desfrutar de inchables e xogos acuáticos, de balde e con todas as medidas hixiénico-sanitarias.

POR UN LECER SEN RISCOS
Segundo precisou a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García, os participantes foron distribuídos en grupos reducidos, con aforos de 10 persoas, e as actividades contaron cun axente anti-covid, que se encargou de vixiar o cumprimento do protocolo e a desinfección dos espazos e materiais.

“MOI BOA ACOLLIDA”
García puxo de relevo “a moi boa acollida” deste programa, adaptado á nova normalidade “co fin de promocionar o turismo de proximidade e natureza”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha en Lugo a XIII edición do Salón Internacional do Cabalo de Galicia Equigal

Seguinte Nova

Novo horario do Centro do Viño da Ribeira Sacra en Monforte

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: