Deputación e Abanca renovan o convenio para facilitar a xestión tributaria en 64 concellos

Sinatura do convenio entre o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o director de Banca Institucional de Abanca, Santiago Novoa García, a mediados de setembro na sede provincial de San Marcos.

A Deputación vén de renovar o convenio de colaboración con Abanca para facilitar o pago de recibos e taxas en 64 concellos da provincia.

XESTIÓN MÁIS ÁXIL E COORDINADA
Por parte da Deputación, o seu presidente, José Tomé, destacou a colaboración entre administracións públicas e entidades privadas «para facilitarlle a vida á cidadanía». Con este convenio, os veciños dos 64 municipios lucenses que teñen encargada a xestión dos seus tributos á Deputación poden pagar os recibos e as taxas correspondentes dende as oficinas de Abanca. O procedemento funciona deste xeito: a Deputación fai a xestión burocrática dos impostos municipais, pasa o cobro deles aos veciños segundo os datos que lles facilitan dende os Concellos e, unha vez que os titulares formalizan o pago, os ingresos van directamente ás arcas municipais.
Na sinatura do convenio, o director de Banca Institucional de Abanca, Santiago Novoa García, salientou que este acordo «é un exemplo máis do compromiso de Abanca coa provincia de Lugo», ao tempo que amosou a satisfacción da entidade «por poder axudar aos veciños con estes trámites, para unha xestión sinxela, flexible e cómoda». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Completadas as obras para mellorar a seguridade viaria preto do Camiño Francés en Portomarín

Seguinte Nova

En marcha en Lugo a XIII edición do Salón Internacional do Cabalo de Galicia Equigal

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: